O Motín da Bounty

Non me gusta a xente que pide que se corten cabezas. Esa circunstancia sempre me acorda a contestación de Pío Cabanillas cando lle dixeron que alguén pedía a súa: “¿Para qué?, ¿para usarla?” Pero agora que están de moda as metáforas náuticas sobre capitáns e grumetes penso que quizais nese barco vaia sendo hora de que fagan caso da suxestión dun amigo meu: os que fixaron o rumbo de derrota (en derrota) deberían ser abandonados nunha dorna con auga e comida para sete días. Como fixeron os amotinados da Bounty coa oficialidade. A diferenza é que na Bounty había un Fletcher Christian.

Mutiny_HMS_Bounty
This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *