Ooola, outra vez

Ooola

Hai hoxe dez anos empezaba eu este Sihomesi.com. Curiosamente, había eleccións, e como xa dixen algunha vez, a maiores de seguir a moda de ter un blog, pensei que facer un habíame de quitar o traballo de escribir unha columna de prensa. “Textos fragmentarios, primeiras impresións, cousas máis acaídas á web, que podo ir ceibando ao ritmo da campaña”, dixen para min. Pasei o mesmo traballo e multipliqueino por tres. Escribir as columnas, actualizar o blog e interactuar cos queridos comentaristas.

Dez anos despois, os blogs xa están menos de moda que as chaquetas con ombreiras e eu teño moi descoidada a leira esta, e por moito que me poña a dicir que me vou emendar, pois eu que sei, ao mellor si, e ao mellor non. Pero levo metidos 1.096 Artigos e vostedes 5.952 Comentarios. E coñecín a xente marabillosa gracias ao blog, como a Alfonso Pardo, ou Caralladas29, ou Eduardo, e en parte a Mourullo (aínda que xa o coñecía como o analista chamado Aristides Wrangler), e aínda me quedan por coñecer a Xaquín e a Álvarez o de Vigo. E aquí recuperei a vellos amigos como eSedidió, e moita máis xente que me esquezo. Así que isto que comezou e seguíu) gracias á axuda dos Yang (Berto e María Yáñez) non me peta pechalo porque non estea de moda ou dea traballo, dúas escusas de xente frouxa e blandengue, segundo a taxonomía de El Fary.

E por unha vez que me acorda o aniversarios (iso é mentira, acordoulle a Mourullo, que é o home que sempre está aí. Onde? non se sabe pero aí, onde fai falta que estea), pois celébroo. Heino celebrar cunhas cañas que debo.

Pero de momento, un concursete:

2015-05-27 16.07.03
  1. Onde se celebra ese xantar?
  2. A que veñen as risas?
This entry was posted in Uncategorized. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *