{"id":30,"date":"2015-05-23T04:58:00","date_gmt":"2015-05-23T04:58:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sihomesi.com\/?p=30"},"modified":"2024-11-26T04:59:23","modified_gmt":"2024-11-26T04:59:23","slug":"puljalte-trillo-e-as-bombas-de-palenque","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=30","title":{"rendered":"Puljalte, Trillo e as bombas de\u00a0palenque"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O dos esc\u00e1ndalos de corrupci\u00f3n son como os espect\u00e1culos de fogos de artificio. Producen ru\u00eddo e asombro, parece que acougan, volven con novos br\u00edos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores\u2026 Nos fogos de artificio hai unha traca final, e despois reina a tranquilidade e o silencio, pero a esa fase non chegamos, e temo que non chegaremos. Levamos tempo nun continuo&nbsp;<em>crescendo.&nbsp;<\/em>Os \u00faltimos surfistas que cabalgan nas ondas do esc\u00e1ndalo p\u00fablico son os acreditados xuristas Vicente Mart\u00ednez-Pujalte&nbsp;e&nbsp;Federico Trillo, de acrisolada traxectoria pol\u00edtica no Partido Popular, que entre servizo \u00e1 patria e servizo \u00e1 cidadan\u00eda, d\u00e9ronlle tam\u00e9n servizo a unha construtora de Valladolid, compatibilizando uns e outros, co correspondente permiso das Cortes Espa\u00f1olas.<br>Ent\u00e9ndase. Non \u00e9 que o se\u00f1or Mart\u00ednez Pujalte lle levase a un cu\u00f1ado o preito dun despedimento improcedente. Ou o ilustre don Federico Trillo puxese todo o seu saber xur\u00eddico, con vento de levante, a favor duns ilusionados emprendedores compa\u00f1eiros de facultade dun sobri\u00f1o que quer\u00edan montar unha&nbsp;<em>startup.&nbsp;<\/em>En realidade, os alt\u00edsimos cargos do PP cobraron arredor de cen mil euros ao ano (un por riba varios anos, outro por baixo un s\u00f3 ano) por \u201casesor\u00edas externas\u201d a unha empresa construtora que facturaba por aqueles anos un cento e moito pico de mill\u00f3ns de euros en obra p\u00fablica \u00e1 Junta de Castilla y Le\u00f3n, casualmente en mans do mesmo partido que Pujalte e Trillo (digo casualmente, porque xa se sabe que f\u00f3ra dous ou tres sitios, ou gobernan uns ou gobernan outros, e aqu\u00ed estaban uns). Ao parecer, as asesor\u00edas externas, como o seu nome parece suxerir, consist\u00edan en ver con quen se pod\u00edan fusionar ou amigar. Non debe ser traballo f\u00e1cil, porque de feito non atoparon ningu\u00e9n con quen facelo, nin sequera ningu\u00e9n con quen tentalo. Ou iso parece, porque non hai papeis, ou diso se queixa Facenda. Segundo declarou Mart\u00ednez Pujalte, unha vez ao mes, quedaba para xantar co conselleiro delegado de Collosa (que as\u00ed se chamaba a construtora), e cobraba 5.000 euros. A vostedes p\u00f3delles parecer moi doado xuntarse con algu\u00e9n e dicirlle: \u201cOes, fulano, que non hai nada que pague a pena fusionar, son 5.000. Eu, de entrante, camar\u00f3ns\u201d, pero para saber que non hai nada, hai que saber moito. Eu non me atrever\u00eda a ser as\u00ed de categ\u00f3rico. Ao mellor chega un, e por 2.500 dille que hai algo fusionable.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O caso \u00e9 que mentres Trillo se indigna \u2013que por algo foi Ministro de Defensa, fixo de trilero cos restos duns militares accidentados e mesmo invadiu un penedo que nos ocuparan os mouros- pola falta de intimidade fiscal, Mart\u00ednez Pujalte reco\u00f1ece que a cousa non foi moi \u00e9tica, pero legal si. A clase pol\u00edtica espa\u00f1ola usa \u201clegalidade\u201d como os pequenos o de \u201ccasa\u201d nos seus xogos. Se algo non fose \u201clegal\u201d non estar\u00edamos facendo declaraci\u00f3ns, estimado pol\u00edtico\/a. Estar\u00edamos pedindo o terceiro grao por bo comportamento. Ou non. Porque no caso das asesor\u00edas non se sabe en que consistiron, pero si que \u00e9 legal. No caso de Marcos Benavent s\u00e1bese de pe a pa todo. Este exalto cargo de la Diputaci\u00f3n de Valencia gravou durante varios anos centos de conversas cos seus colegas do PP, e non precisamente sobre f\u00fatbol ou paellas, sen\u00f3n sobre cobro de comisi\u00f3ns por contratos p\u00fablicos. As gravaci\u00f3ns est\u00e1n en poder da fiscal\u00eda desde o ver\u00e1n pasado, pero ao mellor non son v\u00e1lidas, porque quen as entregou non foi quen as gravou, sen\u00f3n o seu exsogro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O que dic\u00eda, como as bombas de palenque.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&nbsp;<em>(La Opini\u00f3n de A Coru\u00f1a&nbsp;25 de abril de 2015)<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O dos esc\u00e1ndalos de corrupci\u00f3n son como os espect\u00e1culos de fogos de artificio. Producen ru\u00eddo e asombro, parece que acougan, volven con novos br\u00edos, nun momento parece que se repiten pero en realidade son consecuencias dos anteriores\u2026 Nos fogos de &hellip; <a href=\"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=30\">Continue reading <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-30","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/30","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=30"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/30\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":31,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/30\/revisions\/31"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=30"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=30"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=30"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}