{"id":26,"date":"2015-05-30T04:57:00","date_gmt":"2015-05-30T04:57:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sihomesi.com\/?p=26"},"modified":"2024-11-26T04:57:48","modified_gmt":"2024-11-26T04:57:48","slug":"revalida","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=26","title":{"rendered":"Rev\u00e1lida"},"content":{"rendered":"\n<p>Se me permiten unha confesi\u00f3n, das peores situaci\u00f3ns que recordo, cando m\u00e1is d\u00fabidas me atravesaron e m\u00e1is considerei que que porra de mundo este, foi unha cando ti\u00f1a quince anos. Non falo dos malos tragos da vida, sen\u00f3n desas situaci\u00f3ns nas que tomar unha decisi\u00f3n \u00e9 como escoller entre o risco de gangrena ou quedar sen perna (pode parecer esaxerado, pero era o aca\u00eddo no contexto das mi\u00f1as lecturas xuven\u00eds: Jack London, Salgari, Stevenson ou o Capit\u00e1n Marryat). Paseinas parecidas cando tiven que decidir, xa de adulto, entre varias opci\u00f3ns profesionais, ou se mudarme de casa. Pero nada comparable aos suores, noites en vela e anos de vida novi\u00f1a que perd\u00edn mentres me decid\u00eda se me presentaba \u00e1 revalida de sexto de bacharelato.<\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp;&nbsp; Hai moi, moito tempo, cando bacharelato eran seis anos, hab\u00eda unha rev\u00e1lida en cuarto, que che daba o diploma de bacharel elemental \u2014vaia nome!\u2014 e outra en sexto, que che outorgaba o pomposo t\u00edtulo de bacharel superior. Eran dous exames tremendos, case como os exames imperiais do acceso ao mandarinato en China. Cando me chegou a hora, a rev\u00e1lida de sexto deixou de ser obrigatoria, facendo feliz a toda unha xeraci\u00f3n. Pero un profesor suxeriu a meus pais que mellor era facela, por un se acaso. E meus pais deixaron o \u201cse acaso\u201d ao meu criterio. Co\u00f1ec\u00e9ndome, algo moito m\u00e1is efectivo que se fose unha orde. Pero parec\u00edame absurdo. Para que sufrir aquela ordal\u00eda, se non val\u00eda para nada, e m\u00e1xime cunha nota media pr\u00f3xima \u00e1 matr\u00edcula? A\u00ednda hoxe so\u00f1o con matar lentamente a aquel profesor.<\/p>\n\n\n\n<p>Agora, vexo a nenos de oito anos, entre eles o meu, padecer semellantes tr\u00e1nsitos. \u201c\u00bfA t\u00ed te parece que puedo repetir?\u201d, escoiteille o outro d\u00eda nun recreo a un neno todo angustiado preguntarlle a seu pai, imaxino que igualmente agoniado. Que os alumnos de terceiro de primaria, nenos de 8 e 9 anos, vaian ser sometidos a un exame de avaliaci\u00f3n de co\u00f1ecementos en linguas e matem\u00e1ticas por profesores alleos non ten m\u00e1is sentido que empezar a marcar \u00e1s criaturas en todos os aspectos. A marcar como as reses, co ferro candente do nivel acad\u00e9mico irreversible e coa marca indeleble do medo como motor da aprendizaxe. Marca tam\u00e9n aos profesores, nerviosos ante a impotencia de ver xulgado o seu traballo, e clasificado o centro, polos resultados dun exame chafulleiro e insuficiente. Ent\u00e9ndanme, non son dos que pensa que hai que premiar sempre a todos, a todas as idades. Nin sequera te\u00f1o claro iso da promoci\u00f3n autom\u00e1tica. Son partidario das oposici\u00f3ns para conseguir postos de traballo non porque garanta seleccionar aos mellores, sen\u00f3n porque me parece o sistema m\u00e1is xusto e equitativo. Pero unha cousa \u00e9 inculcar a importancia do esforzo e o traballo, e outra \u00e9 meter en cativos, pais e profesores os valores de&nbsp;<em>Mad Max III. La c\u00fapula del trueno&nbsp;<\/em>(\u201c\u00a1Dos entran, uno sale!\u201d). Se a cousa non tivese un fedor clasista real que bota para atr\u00e1s, \u00e9 como para imaxinar a Wert como un malo da Marvel, o Sexador Educativo Tolo, clasificando colexios en centros para a elite, medio pelo e carne de can\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A todo isto, eu acabei facendo aquela rev\u00e1lida. Pasei o peor verao da mi\u00f1a vida, fixen o exame nun estado de cataton\u00eda e aprobeina. Non me serviu para nada. Se por min \u00e9, este ano o meu fillo non a fai.<\/p>\n\n\n\n<p>( E non a fixo)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se me permiten unha confesi\u00f3n, das peores situaci\u00f3ns que recordo, cando m\u00e1is d\u00fabidas me atravesaron e m\u00e1is considerei que que porra de mundo este, foi unha cando ti\u00f1a quince anos. Non falo dos malos tragos da vida, sen\u00f3n desas situaci\u00f3ns &hellip; <a href=\"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=26\">Continue reading <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-26","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/26","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=26"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/26\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":27,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/26\/revisions\/27"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=26"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=26"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=26"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}