{"id":24,"date":"2015-05-30T04:56:00","date_gmt":"2015-05-30T04:56:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.sihomesi.com\/?p=24"},"modified":"2024-11-26T04:57:09","modified_gmt":"2024-11-26T04:57:09","slug":"hoxe-pense-noutra-cousa-xornada-de-reflexion","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=24","title":{"rendered":"Hoxe pense noutra cousa (Xornada de\u00a0reflexi\u00f3n)"},"content":{"rendered":"\n<p>O da xornada de reflexi\u00f3n \u00e9 unha de tantas rodas de mui\u00f1o que tragamos como se fosen requisitos democr\u00e1ticos, cando son usos que quedaron a\u00ed non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar en domingo si se sabe por que, en teor\u00eda para estimular a participaci\u00f3n, e de paso para non ter que pagar as horas). Ningu\u00e9n necesita un d\u00eda para reflexionar, e o que todos desexamos, electores e candidatos, e que todo acabe canto antes, yquesealoquediosquiera. En realidade, a xornada de reflexi\u00f3n \u00e9 de acougo, porque hai quen chega tan disparado ao d\u00e9cimo quinto d\u00eda da campa\u00f1a e infinit\u00edsimo da precampa\u00f1a, que se non frea 24 horas pode pasar calquera cousa. Se relacionan a Ada Colau con Bin Laden porque o antigo protexido da CIA e exsocio de Bush ti\u00f1a un libro de Chomsky, autor que asinou a favor de Barcelona en Com\u00fa, algu\u00e9n pode dicir que Pablo Echenique \u00e9 un mutante porque vai en cadeira de rodas como o profesor Charles Xavier de&nbsp;<em>X-Men.<\/em>&nbsp;Pero non est\u00e1 mal ter un tempo para pensar nas elecci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>&nbsp; Por exemplo, en base a que os partidos pol\u00edticos te\u00f1en acceso ao censo electoral, \u00e9 dicir, ao nome e enderezo postal de todos os cidad\u00e1ns maiores de 18 anos. Para enviar propaganda e papeletas electorais a casa, claro. Hai unha chea de establecementos comerciais que tam\u00e9n me inundan a caixa de correos, a mi\u00f1a ou a da comunidade, de publicidade que tampouco preciso sen necesidade de que te\u00f1an \u2014espero\u2014 as mi\u00f1as se\u00f1as. E tampouco preciso, nin eu nin ningu\u00e9n, as papeletas. Hainas nas cabinas. Se non houbese m\u00e1is opci\u00f3n que escoller o voto nelas, aforrari\u00e1monos nada m\u00e1is e nada menos: 1. Que unha informaci\u00f3n tan sensible como o nome e domicilio de todos os cidad\u00e1ns maiores de idade estivese en mans duns se\u00f1ores particulares, alg\u00fans moi respectables, pero outras cunha notable tendencia a cometer delitos dos chamados non violentos. 2. Un gasto de miles de mill\u00f3ns de euros en papeletas. 0,22\u20ac de axuda p\u00fablica por elector nas candidaturas ganadoras, e en canto aos gastos privados, en fin, todos sabemos, logo de que prescribe, de onde sae a meirande parte dos cartos das campa\u00f1as. 3. O espect\u00e1culo bochornoso e bananeiro do carrexo. O vergo\u00f1ento do fen\u00f3meno non \u00e9 o transporte do votante, que non deixa de ser un servizo, \u00e9 a humillante entrega do sobre.<\/p>\n\n\n\n<p>E finalmente, en base a que, un se\u00f1or ou se\u00f1ora acreditado por un partido est\u00e1 onda os responsables da mesa electoral, indistinguible con eles, apuntando as votaci\u00f3ns? \u00c9 dicir, por que PP, PSOE, BNG ou Podemos ten que saber, e rexistrar, censo en man, se Xos\u00e9 Manuel Pereiro S\u00e1nchez votou ou non? (e xa postos, por que os membros da mesa o te\u00f1en que proclamar a berros, como se lle interesase a algu\u00e9n que non fose ao propio elector?). \u00c9 raro que ning\u00fan partido pedira, que eu saiba, acabar con iso. Xa sei que acordei tarde, e que estas elecci\u00f3ns son para escoller corporaci\u00f3ns locais, pero como tam\u00e9n son para medrar, estar coa maior\u00eda, facer o cambio ou a creba democr\u00e1tica, empezar a liberar o pa\u00eds, etc, f\u00e1ganme o favor de ir pensando\/prometendo que para as que ve\u00f1en xa votaremos como se fose unha democracia normal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O da xornada de reflexi\u00f3n \u00e9 unha de tantas rodas de mui\u00f1o que tragamos como se fosen requisitos democr\u00e1ticos, cando son usos que quedaron a\u00ed non se sabe por que, como o de votar en domingo. (Ben, o de votar &hellip; <a href=\"http:\/\/www.sihomesi.com\/?p=24\">Continue reading <span class=\"meta-nav\">&rarr;<\/span><\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-24","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/24","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=24"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/24\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/24\/revisions\/25"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=24"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=24"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.sihomesi.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=24"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}